Visita a Pepe Vieira
(GAL) Son días de i+d. Tocou visita a un colega dos fogóns da Ría de Pontevedra. O tempo transcorre devagar polas mil e unha Galicias sin sair deste pazo da gastronomía. Faite saborear a pedra o sal, os froitos da terra e o mar cociñados con lume, aire e auga. Neste menú "O señor de Andrade" navegas coas xardas, vieiras, ameixas e tamén pescadas, meros e robalos. Falas cun bogavante ou cunha cigala ; paseas polas hortas, leiras e montes do país albiscando centos de herbas e especias, mamando lácteos e alcoois de Breogán,