ANO 2020 a 2022
Nace a marca “A Centoleira na casa” co obxectivo de levar á tua casa un anaco da Praia de beluso, da nosa orixe, tradición e gastronomía, coa calidade e experiencia de restaurante A Centoleira. Marisqueiría online. Unha evolución lóxica e signo dos últimos tempos.
ANO 2017
Celebra de “50 cabodano de Ángel Estévez-Laiseca” gran fomentador do negocio e base do actual restaurante. Hoxendía o negocio apóiase en tres pilares: O restaurante-marisqueiría, a contratación de banquetes, e o envío de cestas de marisco a domicilio, coas súas coñecidas “cestas de mariscos” e o novo formato “tesela de mariscos”.
ANO 2016
Campaña de marketing “AdornaCentoleira” Celebra o 50 aniversario da construcción da dorna que da forma ao mostrador do local.
ANO 2015
Campaña de marketing “Cincuéntame Centoleira” Celebra o 50 aniversario do matrimonio de Julio e Florentina xa desaparecidos.
ANO 2014
4ª xeración: Xulio Estévez-Laiseca Pérez Nova etapa coa direción en solitario do negocio Campaña de marketing “Centoleira Centotrinta” anos de historia fronte ao mar
ANOS 2004 a 2014
Xestión da empresa polos dous irmáns Xulio e Florentina Pérez Estévez
ANOS 1996 a 2004
Constitución da mercantil A Centoleira S.L. dirixida por Florentina Estévez Lorenzo e axudada polos seus fillos Xulio e Florentina Inclusión de A Centoleira dentro do círculo de restaurantes centenarios de España, herdeiro da cociña mariñeira e atlántica.
ANOS 1981 a 1996
Cámbiase o nome polo de A Centoleira. A actividade do negocio céntrase máis na restauración á carta e nos banquetes familiares. Nacen as famosas cestas de mariscos
ANOS 1965 a 1981
3ª xeración: Florentina Estévez Lorenzo e Julio Pérez Piñeiro Nace o hostal-restaurante “La Vizcaína”, coa suma dun edificio novo para hospedaxe. Son os anos do boom turístico do veraneo. Tamén comezan a celebrarse os banquetes de voda, demandándose varias especies de marisco, que ata entón non se cotizaban.
ANOS 1935 a 1965
2ª xeración: Ángel Estévez Laiseca e Carmen Lorenzo Santos (a bicha) Próspero negocio de ultramarinos, casa de comidas, hospedaxe, estanco e venda e reparto de viños, levado con éxito polo matrimonio. A casa referente na zona, é ampliada hacia o sur e hacia o interior da finca.