Lista de deseo (0)

Cronicas biograficas de Acentoblog Cap.2

heading_title

VIVIR NA PRAIA DE BELUSO

UNHA HISTORIA ARREDOR DA PESCA 

Cando as pesetas eran de prata había moedas de unha peseta e de duas pesetas. Os dez céntimos , de cobre. Tamén había reais de vintecinco céntimos e de cincuenta céntimos. Así nesta moeda pagábase ós mariñeiros que nas súas traiñas vendíanlle  ás salazóns da Praia de Beluso e arredores. Nesta zona había dez ou doce salazóns contando coas de Mourisca e Ancoradouro hacia o ano 1850 aproximadamente. Nestas datas e ata os anos 1915 e 1920 este porto de Beluso estaba colonizado polos cataláns, expertos en salazóns, que atraidos pola boa sardiña, fixeron da maioría das casas, nos seus baixos,  auténticas factorías de peixe salgado, para exportar a Cataluña, onde tiñan mercado. Un dos pioneiros e máis importantes conserveiros de Galicia e toda España foi Massó, que tamén escomenzaría pola salazón, establecéndose primeiro nesta zona hacia o ano 1816 con factorías en Mourisca e na Roiba, máis tarde en Cangas coa primeira fábrica conserveira e despois en Bueu, con forte presencia na historia desta vila ata hai uns trinta anos. Tamén esplotaron un secadeiro de polbo na illa de Ons para poder exportalo hacia outros portos do Mediterráneo.

Ás salazóns de xouba seguíronlle, a tamén a de abadexo que pescaban os mariñeiros de Beluso de vinte kilos a peza, baixando a unha media de dez kilos ó fallar algo a súa abundancia.

Ós comerciantes-empresarios foron vendendo ás súas casas por deixar de ser rentable o negocio da salazón, acaparando a  familia Massó case todo o mercado. Incluso A Roiba despois de ser salazón dos Massós, foi vendida con unha cláusula de non exercer nunca tal actividade para non facerse competencia. Así Massó controlaría todo o mercado da zona surtindo ós cataláns que tiveron que retornar, e os franceses, tamén boa clientela.

O sal, traíano en balandros a vela, e unha vez varados na praia, dispoñíanse uns tablóns para descargar. As mulleres encargábanse do transporte en “muñicos”, cestas de bimbio, vestidas coas súas toquillas e faldas largas. Éstas cobraban o seu traballo en especies, ou sexa o propio sal para logo ter arreglo para todo o ano. Con unha ou dúas fanegas, salaban o seu porco, e o seu peixe para ter alimento ata ben entrada a primavera seguinte. Así pois era rico o que tiña porco e peixe salgado na súa casa.

Moitas das casas que albergaban salazóns foron convertíndose en escolas,cetáreas, estaleiros ou carpinteirías de ribeira, outras ainda seguen sen uso concreto, e moitas delas reformadas para vivendas según as comodidades e deseño actuais. Hai varias que se convertiron en negocios, bares,almacéns, etc. No caso de “A Centoleira”, hoxendía coñecido restaurante e antiga “La Vizcaína”, aséntase nos terreos que foron comprados a finais do século XIX  a un tal Sr. Agustín Plá y Avalle, sendo o local conocido como  “Encascador y Atadero de Redes” incluíndo na escritura de compra-venta unha “Estacada o Secadero de Aparejos con sus pilastras de granito a orillas del mar”. Naqueles anos o prezo foi de catro mil quinientas cincuenta pesetas gran parte delas pagadas en moedas de prata.


(Xulio Laiseca. Baseado nas memorias da miña nai Florentina Estévez Lorenzo, 4ª xeración de La Vizcaína-A Centoleira Restaurante Centenario) 

Ano 2016